menu-icoMenu

Aluguer de veleiro

"Descubre as costas galegas ao teu ritmo"

Poñemos ao teu dispor o barco Magdalena Wiesbaden, un veleiro clásico con encanto, para aqueles amantes do mar que desexan seguir o seu propio rumbo. Descubre as costas Galegas ao teu ritmo. Tómate o teu timpo para darte un baño nesa praia paradisíaca preferida, amarra nos portos galegos con encanto e agarímate cunhas vacacións diferentes.

  • Aluguer con ou sen Patrón.
  • Modalidades: día, semana e fin de semana.
  • Prezo e condicións: a consultar.

Destinos Propostos ou Rutas Temáticas

Podemos organizar a ruta que a vostede lle apetezca, só ten que indicárnolo:

  • Ás Illas Cíes.
  • Pola Ría de Pontevedra (Sanxenxo, Combarro, Illa de Tambo, Aguete, Praia Lapamán, Beluso, Praia de Tulla, Cabo Udra).
  • Pola Ría de Arousa (San Vicente, Porto Meloxo, O Grove, A Toxa, Illote Areoso, A Illa de Arousa, Vilagarcía, Cortegada, Rianxo, A Pobra, Coroso, Aguiño).
  • Parque Nacional das Illas Atlánticas.
  • Camiño de Santiago do Mar de Arousa.
  • Costa da Vela.
  • Ruta de Buceo.
  • Ruta de Pesca.
  • Ruta Gourmet e enoturística.
  • Seguemento de eventos naúticos.
  • Xornada aprendizaxe vela.
  • Coaching Empresarial.
  • Viajes de incentivos.
  • Portos habituais de saída: Porto Deportivo de Portonovo e Marina Davila en Bouzas, Vigo.
  • Ofrécese a posibilidade de organizar as comidas ou ceas no barco ou na terra, degustando manxares e caldos da terra.
  • O prezo inclúe: limpeza e mais seguro. Non inclúe combustible.

Prezos e condicións a consultar no teléfono 662 952 839 ou por email info@chartergalicia.es.